PRAZOS E ENTREGAS

1. Reparto no Val Miñor-Vigo

No Val Miñor (Gondomar, Baiona e Nigrán) e determinadas zonas de Vigo, facemos reparto dúas veces á semana para que poidas ter sempre hortalizas e froitas frescas, ecolóxicas e locais, ademais doutros produtos sans e saudables (marmeladas, graneis, ovos....). Os repartos son polas tardes, e dependendo de cando se faga o pedido, recibirálo o Martes ou o Venres.

Reparto Martes: Pedidos ata o Luns ás 10 h.

Reparto Venres: Pedidos ata o Xoves ás 10 h.

2. Recollida na Horta ou na Praza de Abastos de Baiona

Se queres recoller o teu pedido persoalmente na nosa Horta de Morgadáns_Gondomar, ou no noso posto na Praza de Abastos de Baiona, so tes que indicar no formulario de compra esa opción e poñer o lugar e o día e a hora á que o recollerias, tendo en conta que ten que ser logo de 24 h. logo de formalizar o pedido e tendo en conta os seguintes horarios:

Horta O Canizo: Luns, Mércores e Xoves de 16-19 h.

Praza de Abastos: Martes a Sábado de 10-14 h.

Se non puideramos entregarche o pedido no día e hora que nos indicas, poñeríamonos en contacto contigo para variar o día e a hora de recollida, ou ofrecerche o envío a domicilio.

3. Envío por empresa de mensaxería

Dispoñible proximamente

GASTOS DE ENVÍO

Reparto local (Val Miñor –Vigo):

Gratuito para pedidos superiores a 10 €. Para pedidos inferiores a 10€, suplemento de 2€.

Recollida na Horta e recollida na Praza de Abastos:

Gratuito

Envíos a resto de Galicia / Envíos a resto de España:

Dispoñible próximamente