¿Quen somos?

O Canizo é unha explotación agraria situada en Morgadáns, no Concello de Gondomar. A nosa produción segue as directrices da Agricultura Ecolóxica,coidando a terra, incrementando a biodiversidade, respetando o medio ambiente e fomentando os produtos locais e ecolóxicos

¿Qué facemos?

No Canizo cultivamos unha ampla variedade de produtos da horta e froitas de tempada, tentando buscar e recuperar variedades tradicionais e autóctonas, que  se adapten mellor á nosa zona, e que aínda que poden non producir tanto como as variedades comerciais, sempre nos dan mellores calidades organolépticas e sabemos que son alimentos nutritivos e sans. Vendemos a nosa produción a particulares e tendas da bisbarra, así como en feiras e mercados locais.

Os nosos valores

- Producir alimentos sans e nutritivos

- Coidar o medio ambiente

- Empregar no posible recursos renovables

- Crear e manter a fertilidade do solo

-Non usar produtos tóxicos e contaminantes

- Protexer a saúde de agricultores e consumidores

- Aforrar auga e non contaminar os acuíferos

- Impulsar a creación de postos de traballo no rural

- Contribuir a evitar o abandono do agro

- Fomentar os produtos locais, ecolóxicos e de tempada

A nosa horta

Temos varias parcelas ao aire libre e un invernadoiro nos que cultivamos gran variedade de hortalizas de tempada.

Utilizamos as sementes que recollemos dos nosos propios cultivos ou senón etiquetadas como ecolóxicas.

Facemos cultivo en bancais para facilitar o traballo e non pisar a terra. Realizamos acolchado dos cultivos para aforrar auga e manter a terra amolecida.

Facemos rotacións e asociacións de cultivos para manter en equilibrio a horta. Tratamos as pragas e enfermidades con produtos naturais e non tóxicos. Utilizamos abonos naturais orgánicos e tamén facemos o noso propio compost. Coidamos a fauna auxiliar beneficiosa e poñemos entre os cultivos plantas aromáticas e medicinais.