¿COMO COMPRAR?

Aquí tes toda a información sobre como realizar un pedido, a forma de pago, o envío e o prazo de entrega. É ún proceso sinxelo e seguro.

  1. Selecciona os produtos que desexes da nosa horta e da nosa tenda, que se irán engadindo ao teu carriño. En calquera momento podes ver o contido da túa compra na tenda, así como engadir ou eliminar elementos.
  2. A primeira vez que fagas unha compra terás que rexistrarte, e facilitarnos os teus datos para que poidamos xestionar o teu pedido (dirección, datos de contacto, xeito de entrega…)
  3. Unha vez que estés rexistrado, nos seguintes pedidos poderás acceder á tua conta para realizar máis doadamente a túa compra.

 

PAGO SEGURO

Podes pagar a túa compra de dous xeitos:

  1. Tarxeta de débito/crédito

O Canizo non almacena ningún tipo de dato bancario.

 O pago na nosa páxina web é con tarxeta de débito/crédito a través dunha pasarela de pago seguro da entidade Abanca, sen ningún coste engadido para ti.

Este sistema é igual de seguro que comprar nun comercio físico ou retirar diñeiro dun caixeiro.

  1. Pago en efectivo

Esta opción está dispoñible só para o reparto local dos pedidos, que entregamos nós mesmos directamente cada semana, ou se recolles o teu pedido na nosa horta ou no posto da Praza de Abastos de Baiona.

 

PRAZOS E ENTREGAS

  1. Reparto no Val Miñor-Vigo

No Val Miñor (Gondomar, Baiona e Nigrán) e determinadas zonas de Vigo, facemos reparto dúas veces á semana para que poidas ter sempre hortalizas e froitas frescas, ecolóxicas e locais, ademais doutros produtos sans e saudables (marmeladas, graneis, ovos….). Os repartos son polas tardes, e dependendo de cando se faga o pedido, recibirálo o Martes ou o Venres.

Reparto Martes: Pedidos ata o Luns ás 10 h.

Reparto Venres: Pedidos ata o Xoves ás 10 h.

 

 

  1. Recollida na Horta ou na Praza de Abastos de Baiona

Se queres recoller o teu pedido persoalmente na nosa Horta de Morgadáns_Gondomar, ou no noso posto na Praza de Abastos de Baiona, so tes que indicar no formulario de compra esa opción e poñer o lugar e o día e a hora á que o recollerias, tendo en conta que ten que ser logo de 24 h. logo de formalizar o pedido e tendo en conta os seguintes horarios:

Horta O Canizo: Luns, Mércores e Xoves de 16-19 h.

Praza de Abastos: Martes a Sábado de 10-14 h.

Se non puideramos entregarche o pedido no día e hora que nos indicas, poñeríamonos en contacto contigo para variar o día e a hora de recollida, ou ofrecerche o envío a domicilio.

  1. Envío por empresa de mensaxería

Dispoñible proximamente

 

GASTOS DE ENVÍO

Reparto local (Val Miñor –Vigo):

Gratuito para pedidos superiores a 10 €. Para pedidos inferiores a 10€, suplemento de 2€.

 Recollida na Horta e recollida na Praza de Abastos:

Gratuito

Envíos a resto de Galicia / Envíos a resto de España:

Dispoñible próximamente

 

GARANTÍA

O Canizo esforzase en que cada pedido e cada envío chegue á túa casa nas mellores condicións, para que poidas desfrutar dos produtos da nosa horta o máis frescos posibles, case como se os recolleses da túa propia horta.

Cando nalgún caso houbese calquera incidencia (pedidos con golpes ou mercancía en mal estado), deberás informarnos o máis axiña posible, enviándonos unha fotografía na que se amose o problema a pedidos@ocanizo.com .

De seguido poñerémonos en contacto contigo para solucionar a incidencia da mellor maneira posible para ti, xa sexa a devolución do importe ou a reposición dos produtos.

O Canizo non se fará responsable dos pedidos que se reciban en malas condicións por cousas alleas á empresa, como por exemplo, que o cliente non recolla o pedido no mesmo día da entrega, e o transportista tivese que volver ao día seguinte ou en días posteriores, xa que neste caso non poderiamos garantir a frescura dos produtos.