ENVÍO E RECOLLIDA DO PEDIDO
Zonas de reparto
O Canizo dispón de servizo de reparto a domicilio propio que opera nas zonas de Vigo e Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar). En caso de seleccionar un enderezo nunha área diferente a ésta, a plataforma non permitirá a finalización da compra. En caso de que, residindo nestas áreas, atope algún problema para indicar o seu enderezo, pode poñerse en contacto con tenda@ocanizo.com.
Gastos de envío
O servizo de reparto a domicilio nas zonas de Vigo e Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar) será de carácter gratuito e realizado polos empregados e vehículos pertencentes a O Canizo, sempre que se supere o pedido mínimo establecido de 25 €.
Entrega a domicilio
Os pedidos recibidos entre o domingo e o martes, serán repartidos o xoves en horario de tarde e o venres en horario de maña.
Os pedidos recibidos entre o mércores e o sábado serán repartidos o martes e mércores da seguinte semana (martes en horario de tarde e o mércores en horario de mañá).
O cliente é responsable da veracidade e corrección dos seus datos de dirección achegados. No caso de que exista un erro na dirección (en todo ou en parte) e requírase un segundo envío, O Canizo resérvase o dereito de aplicar un custo adicional de envío.
O cliente comprométese a facilitar a entrega do pedido, nos casos en que o transportista non poida realizala e xustifique os intentos de entrega os gastos de envío correrán a cargo do cliente.
Recollida na tenda
No caso de que o usuario seleccione a opción de Recollida na tenda, o pedido estará dispoñible a partir das 24 h. logo da recepción do pedido, sempre dentro do horario comercial da tenda.
Para a recollida, deberá informar do número de pedido ou presentar o xustificante recibido vía email, dirixíndose ao posto de O Canizo na ubicación e horario reflexado na páxina de Contacto.
Abono do importe do pedido
En ambas modalidades, envío a domicilio ou recollida en tenda, o abono do importe efectuarase no momento da entrega.
Este abono poderase realizar en efectivo ao empregado de O Canizo durante o proceso de entrega, ou ben, mediante tarxeta bancaria (Visa ou Mastercard). Para isto, o empregado de O Canizo disporá no momento da entrega dun terminal TPV, evitando así remitir datos transaccionais a través da web de comercio electrónico.
CONSIDERACIÓNS ADICIONAIS
As políticas de envío e recollida poderán verse afectadas por circunstancias alleas á propia tenda, tal e como queda recollido nas condicións de contratación do servizo.
En todo momento, O Canizo informará ao usuario de calquera afectación relativa ao servizo de entrega ou recollida que poda verse afectada por incidencias propias ou alleas á súa responsabilidade, procurando en tódolos casos manter a política de calidade do servizo.