Quen somos

O Canizo é unha explotación agraria situada en Morgadáns, no Concello de Gondomar. A nosa produción segue as directrices da Agricultura Ecolóxica, coidando a terra, incrementando a biodiversidade, respetando o medio ambiente e fomentando os produtos locais e ecolóxicos.

  

¿Qué facemos?

No Canizo cultivamos unha ampla variedade de produtos da horta e froitas de tempada, tentando buscar e recuperar variedades tradicionais e autóctonas, que se adapten mellor á nosa zona, e que aínda que poden non producir tanto como as variedades comerciais, sempre nos dan mellores calidades organolépticas e sabemos que son alimentos nutritivos e sans.

Vendemos a nosa produción a particulares e tendas da bisbarra, así como en feiras e mercados locais.

Tamén asesoramos e formamos para poñer en marcha hortas ecolóxicas (urbanas, escolares, comunitarias…).

 

Os nosos valores:

  • Producir alimentos sans e nutritivos.
  • Coidar o medio ambiente.
  • Empregar no posible recursos renovables.
  • Non usar produtos tóxicos e contaminantes.
  • Crear e manter a fertilidade do solo.
  • Protexer a saúde de agricultores e consumidores.
  • Aforrar auga e non contaminar os acuíferos.
  • Impulsar a creación de postos de traballo no rural.
  • Contribuir a evitar o abandono do agro.
  • Fomentar os produtos locais, ecolóxicos e de tempada.

 

 

A cesta da compra

Séguenos no Facebook